jueves, 23 de abril de 2020

23-04-20

23-04-20


Bo día e Feliz Día do libro!

Ide ao blog da biblio e teredes unha sorpresa de todo o equipo docente do CEIP Isaac Díaz Pardo.

Esperamos que vos guste!!



Hoxe acabamos de ler:¡VAYA APETITO TIENE EL ZORRITO!

Agora tócavos inventar un final. No caderno ou nun folio tedes que facer un texto e un debuxo para completar este conto co final que vos gustaría a vós que tivese.

Cando o teñades non vos esquezades de envialo por CLASSROOM na tarefa ¡VAYA APETITO TIENE EL ZORRITO!

O venres poderedes ler o final que pensou Claudia Roda que é a autora deste conto.

Matemáticas: 

Hoxe imos facer a páxina 126 do libro, xa estamos rematando o tema 10.


Para aprender xogando

Actividad Qué desorden 

Lengua Castellana

A tarea de hoxe de lengua xa é inventar o final do conto do Zorrito. Ánimo.
Así facemos de pequenos escritores para celebrar o Día do libro.

Para aprender xogando

Lingua Galega

Seguimos a traballar co libro, imos á páxina 103. Ide pensando nunha festa para celebrar que todo isto se acaba...

Para aprender xogando
Se imos a este exercicio poderemos ampliar o noso vocabularios sobre as rúas. Hoxe so facemos ata a páxina 10, así seguiremos mañán.

Sociais

A auga na natureza


Antes de facer a ficha do CADERNO DIXITAL DE SOCIAIS fai  un exercicio de memoria e proba a ver se es capaz de acordarche de 3 sitios onde hai auga na natureza. Se o conseguiches  Bravíiiisimo!!

Se non podes facer a ficha interactiva deixámoscha en pdf: "A auga na natureza" para que podas descargala  e imprímala ou ben a fagas no teu caderno.

Para aprender xogando
-Actividade 

Hoxe pon o teu  ok no cadro de miro. Que gusta?



MÓVETEEEEEEEEEEE !!

SAÚDIÑOS QUERIDOS RAPACIÑOS!!


EMPEZAMOS A CLASE.

1._A RÁ MARTINA. FAI A COUSAS QUE TE CONTEN NESTE CONTO. COMO SE TI FORAS A RÁ.



2._DOUS XOGOS DIVERTIDOS PARA FACER EN PARELLA.

  • XOGO DA MESA:UNHA MESA INCLINADA E PEQUENOS OBXECTOS QUE ESVARAN POLA MESA. ABAIXO UN NENO CUNHA CAIXA RECOLLE OS OBXECTOS.


  • XOGO DO VASO:UN NENO CUN VASO BOCA ABAIXO TRATA DE ATRAPAR AS PELOTAS OU PEQUENOS OBXECTO QUE LANZA RODANDO A PARELLA.


3._MÓVETE COAS CORES.
NO SEGUINTE VÍDEO VAN A SAÍR ESTAS CORES:

TES QUE TOCAR OBXECTOS QUE ATOPES EN CASA DA MESMA COR QUE TE INDICAN NO VÍDEO. TES QUE IR CORRENDO E VOLVER MOI RÁPIDO PARA ESCOITAR A SEGUITE COR.

4._FINALMENTE ESTIRAMOS.

ISTO É TODO. E LEMBRADE:

2 comentarios:

Felices vacacións!

Bo día!! Hoxé vémonos! Ás 10:00 á aula de 1º A. Ás 12:00 á aula de 1ºB. Isto chega ao seu fin, deixámosvos os últimos recurs...