jueves, 30 de abril de 2020

30-04-20

Bo día!

A lectura silenciosa de hoxe farase coa lectura de lengua castellana.

Matemáticas: 

Hoxe toca traballar de novo nos cadernos dixitais.

Se non podes facer as fichas interactivas deixámoschas en pdf Completa series numéricas, Casita del 10, casita del 20. . Como para que podas descargalas  e imprímalas ou ben as fagas no teu caderno.


Coma onte acabamos o libro do segundo trimestre e para poder ter un pouco máis de feedback do traballo que tan ben  estades a facer na casa. Pedímosvos que nos mandedes fotos dese tema 10 na tarefa de Classroom Tema 10 de Matemáticas.

Queremos que nos subades fotos do tema. A poder ser unha páxina por foto, e coa cámara en vertical ( dende a páxina 117 ata a páxina 129, un total de 11 fotos). As páxina 120 e 121 non as fixemos.  Para que sexa máis doado poder correxilo. Non temos présa, polo que subide as fotos cando vos veña ben. 

Lengua Castellana

Hoxe empezamos o libro do terceiro trimestre. Imos facer a lectura do Tema 11, nas páxinas 170-171.  

Se ides ao libro dixital podedes ver un contacontos que nos dá unha versión máis longa da historia. Ímosvos mandar os códigos e as instruccións para ver os libros dixitais de LENGUA E  MATEMÁTICAS porlo Class Dojo.

Despois faremos os exercicios de comprensión da páxina 172, e o exercicio 5 da páxina 173.


Para aprender xogando


Lingua Galega:

Hoxe tócanos facer a páxina 115, traballando o vocabulario da rúa.

Para aprender xogando

Actividade Busco sinais

Sociais

Hoxe imos aprender máis cousas sobre a auga con Clemente e a súa mascota  Rocco. 



 Despois de ver o vídeo traballaredes sobre o que vos contaron Clemente e  Rocco no 
 no caderno dixital de Sociais.

Se non podes facer a ficha interactiva deixámoscha en pdf: Propiedades da auga para que podas descargala  e imprímala ou ben a fagas no teu caderno.





MÓVETEEEEEEEEEEE !!


OLA DE NOVO!

1._QUECEMENTO COA CANCIÓN: "TENGO UN CUERPO Y LO VOY A MOVER".

2._XOGOS DE PUNTERÍA.

3._MALABARES CON PELOTAS PEQUENAS.

4._EQUILIBRIOS COS PÉS.

5.ADIVIÑA COAS MANS.
METE NUNHA BOLSA (QUE NON SEXA TRANSPARENTE) UN MONTÓN DE OBXECTOS PEQUENOS. METE UNHA MAN E INTENTA ADIVIÑAR QUE OBXECTOS SON SEN MIRAR.





1 comentario:

Felices vacacións!

Bo día!! Hoxé vémonos! Ás 10:00 á aula de 1º A. Ás 12:00 á aula de 1ºB. Isto chega ao seu fin, deixámosvos os últimos recurs...