A tarefa de hoxe é a seguinte.
A lectura de hoxe farase coas actividades de Lengua Castellana.
Matemáticas: Pág. 108-109. Suma y resta de decenas. Traballar sempre coa consigna que se sumen unidades con unidades e decenas con decenas. Recordándolles que unha decena son 10 unidades. Se teñen dificultades podedes recurrir á páx. 72.
O dictado de número é o seguinte: 15-23-39-12-27-14-33-11-25
Podes aprender xogando
-Actividade 1 La decena
- Actividade 2
- Actividade3
(Tedes que usar Internet Explorer para poder acceder á páxina) |
Lengua Castellana . Páx-140 De Colores. Trátase dunha lectura comprensiva, vai ser precisa a vosa axuda. Ler con eles o texto.
Páx.141 Ler con eles o cadro introductorio das actividades.
Lingua Galega, páx. 76 (Libro do segundo trimestre ). Fíxate que hai tres palabras intrusas que non tes que escribir porque non son nomes ( camiña, cariñosa e chove).
Aprende xogando
-Actividade 1
-Actividade 2
-Actividades 3
Naturais: Traballamos como se desprazan e o medio onde viven os animais.
Comezamos cun vídeo
Como se desprazan os animais? Clasifica os seguintes animais no lugar que lles correponda:
CARACOL, AGUIA, BALEA, ARAÑA, ,SERPE, LAGARTO, LEÓN, PARRULO, BURRO, QUENLLA, GOLFÑO, XÍLGARO.
1. ANDAN:
2. ARRÁSTRANSE:
3. VOAN:
4. NADAN:
Engade un animal máis en cada apartado.
Aprende xogando
Actividade 1
Actividade 2
Actividade 3
Cando rematedes, lembrade deixar un OK nos comentarios da foto de hoxe na historia de clase de class dojo.
Recordámosvos que mañán é festivo, porque é o día Do Pai, e pasado é día non lectivo asique non vos colgaremos traballo. Se vos apetece podedes ir aos recursos e seguro que atopades actividades interesantes para facer.
Animámovos a que fagades o voso propio regalo para este Día do Pai tan especial!
Deixámosvos algunha idea en Recursos!!
Bos días:
ResponderEliminarComprobamos as vosas indicacións sobre do vídeo de Naturais e corroboramos que non funciona a ligazón.
Non vos preocupedes porque veremos este vídeo na aula.
Moitas grazas por axudarnos coas vosas achegas.
Moito ánimo a todos