viernes, 20 de marzo de 2020

Ideas para a fin de semana

Xa que este fin de semana é moi longo, imosvos achegar algunha idea de actividade para poder facer e que se nos pase mellor o tempo. Non o tomedes como tarefas, senon como posibles recursos para ese ratos de aburrimento.

- Neste enlace podedes ver o conto, que moitos coñecedes, da Oruga Glotona, moi ben contado en inglés. Xa veredes que ben se entende.

- Podemos traballar as  nosas emocións, a través deste diario das emocións, que fixo a mestra Fátima Rúa para a páxina de aulas galegas.

- Se queredes seguir a traballar coas emociós, podedes ver o conto do monstruo de cores ou escoitar esta canción.

- Vos propoñemos tamén que fagades o seguinte experimento. (Seguro que moitos xa o vístedes pola rede). Explica moi ben e con materiais que todos temos (un plato, auga, pementa ou orégano e xabón) a importancia do lavado de mans.


Neste enlace tedes a explicación de como facelo, tamén da man de aulas galegas (un gran recurso).


 - Para os que queira ver algo diferente, deixovos o enlace a obra de teatro A nena e o grilo nun barquiño.  Está colgada completa en Youtube, e si queredes máis recursos deste estilo nesta conta de Facebook van colgando todos os días algo diferente.

- Tamén sería bo dedicarlle un anaquiño as manualidades, aquí tedes varias opcións para facer marionetas para os dedos.

- Seguindo coa idea de recortar, aquí vos deixamos dúas opcións de colorear, recortar e montar o puzzle. As actividades de recortado lles veñen moi ben, xa que é algo que non practicamos moi a miudo e poden mellorar.




Nesta páxina hai unha gran coleccion de puzzles, tanto para facer online como para imprimir. E os imprimibles podense modificar e escoller o tipo de línea. Animádevos e escollede o puzzle que máis vos guste. 

Esperamos que as propostas vos axuden, e se queredes algunha cousiña máis pedídenolo e intentemos conseguilo. Ánimo, xa queda menos, 

- E para os que queiran un pouco de maxia, hoxe pola tarde nas distintas contas de instagram deste magos teredes funcións en directo. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Felices vacacións!

Bo día!! Hoxé vémonos! Ás 10:00 á aula de 1º A. Ás 12:00 á aula de 1ºB. Isto chega ao seu fin, deixámosvos os últimos recurs...