A lectura do día de hoxe farase co texto de Disparates de Lengua Castellana. Ademais, podedes aproveitar que hoxe é o Día do teatro e dramatizar con eles o texto teatral da páxina 149 tamén de Lengua Castellana.
Matemáticas:
Imos a facer a seguinte ficha de repaso do Tema 9. Como sempre, se non a podedes imprimir intentades facela nun folio.
-Actividad 1 SUMAS
-Actividad 2 CONTAR DE 5 en 5
Lengua Castellana:
Faremos a lectura e comprensión dos poemas da páxina 152.
Para aprender jugando:
- Actividad 1.
Lingua Galega: Animádevos a recitar poesía!!
Queremos propoñervos unha actividade diferente para hoxe e para o fin de semana. O 21 de marzo celebrouse o Día da Poesía e como non estamos no cole para celebralo gustaríanos celebralo con vós a través da rede.A proposta dende a biblio é "Un poema na túa voz", queremos encher a rede de audios de poemas recitados. Para iso cada neno ten que escoller un poema escrito en galego e gravar un audio mentras o recita.
É unha tarefa voluntaria pero pode ter un resultado moi chulo e poderíamos volver a escoitarnos, aínda que sexa a través da rede.
Os audios querémolos colgar nesta web. Si a visitades veredes que xa hai varios poemas colgados, de mestres e alumnos. Para iso necesitamos o audio, o título e texto do poema e un debuxo ou imaxe que o represente. Todo iso o mandades por mail a bulebule@ceipidp.net indicando quen é a persoa que o recita e a que curso pertence.
Tamén hai a posibilidade de participar con estos audios no Concurso da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX). Aquí tedes toda a información. Para participar no concurso é necesario que a maiores nos mandedes firmada a autorización que está aí colgada.
Para axudarvos un pouco na busca de poemas deixámosvos algunhas páxinas de recursos. Tentade ser orixinais!
- Páx. 1
- Páx. 2
- Páx. 3
Naturais
Imos ver un vídeo dos mamíferos Estade moi atentos porque despois de ver o vídeo imos facer unha pregunta.?Aí vai:
Cal é o único mamífero que voa?
Se non sabes a resposta búscaa no vídeo.
Copiádelas nun folio
Para aprender xogando
-Actividade 1
-Actividade 2
Cando rematedes, lembrade deixar un OK nos comentarios da foto de hoxe na historia de clase de class dojo.
Hola, lista la tarea de Oriana Camejo por hoy.
ResponderEliminar