jueves, 26 de marzo de 2020

26-03-20


Bo día,

Comezamos  con lectura silenciosa. 

Ímola facer no enlace de LECTURAS. (Continuade na vosa última lectura).

Para os que non consigades entrar nesta páxina podes probar a facer esta lectura e as preguntas de comprensión que están debaixo do anuncio, clicando na seguinte imaxe. Recorda esperar ou darlle a SKIP AD.


Matemáticas:

Resuelvo problemas  Páx 112-113. Algúns dos nenos necesitarán axuda para ler os enunciados, na aula sempre os lemos entre todos e logo cada un fai as operacións de maneira individual.

 Para aprender xogando

-Actividade 1  SUMAS

-Actividade 2 AYUDEMOS AL OGRO.

Lengua Castellana: 

Abride esta ficha para facer o ditado.  Cando a teñades lista mandádenos unha foto por unha mensaxe de class dojo. Gústanos ver o voso traballo.


Tedes dúas opcións para facer o ditado:
1. Imprimir a páxina, coloreala, recortar os debuxos e logo pegalos noutro folio ou libreta escribindo debaixo o nome do debuxo. (Así é como o facemos na clase).
2. Para os que non teñen impresora, escribide o número co nome do debuxo correspondente. Se vos animades podedes facer vós mesmos algún dos debuxos.

Esta é a idea do resultado:


Por se hai dúbidas nos debuxos aquí quedan as solucións:
  • Las palabras son:
- Ducha, mayonesa, chupete, yogur.
- Chocolate, payaso, hucha, rayo.
- Joyas, mochila, yoyó, chaqueta.

  • Las frases son:
- Me gusta beber leche en el desayuno.
- Salchicha, yema, champú, yoga.
- Me pusieron una escayola el viernes por la noche.

Lingua Galega: 

Páx 82 Le os refráns e pensa no que queren dicir.

Investiga: Busca na internet un refrán sobre o tempo. Cópiao nun folio e fai un debuxo para ilustralo.
Estas páxinas pódente axudar páx 1 páx 2 páx 3

Se non podes buscar na internet copia nun folio e ilustra o seguinte refrán:
-En xaneiro,frío no corpo enteiro.

 Para aprender xogando

-Actividade 1 VOCABULARIO AULA (Lembrade que podedes pasar  páxinas e non facelo todo, a páxina 18 é un pouco liosa pero con paciencia faise)


Naturais 


Hoxe ímos aprender cousas das aves. Vemos o  vídeo
Imprime a ficha . Se non tes impresora faina nun folio, caderno...

Para aprender xogando
-Actividade 1 Corpo das aves (Tes que esperar 5 seg. e despois clicar en ir al juego).
-Actividade 2 As aves

Cando rematedes, lembrade deixar un OK nos comentarios da  foto de hoxe na historia  de clase de class dojo. 



MÓVETEEEEEEEEEEE !!

OLA NENOS E NENAS!
ANIMÁDEVOS A FACER OUTRA SESIÓN DE MÓVETEEEEEEEEE.



1._REPETIMOS O QUECEMENTO DO MARTES. (CLICAR NA IMAXE).


2._CARREIRAS DE CHAPAS.
NECESITARÁS UNHA CHAPA DE BOTELLA OU UN TAPÓN DE PLÁSTICO.

DIRIXE A CHAPA OU O TAPÓN POLO CHAN.
TES QUE SEGUIR POLA ORDE QUE TE INDICO:

AGORA PON A PROBA A PUNTERÍA.


COLOCA NO CHAN DOUS OBXECTOS PEQUENOS PARA FACER DE PORTERÍA E LANZA A CHAPA OU O TAPÓN. A VER CANTOS GOLES CONSIGUES.
3._SENTIDO DO TACTO. FINALMENTE PREPARA A ESPALDA E UN DEDO. TES QUE ESCRIBIR LETRAS OU DEBUXOS FÁCILES NA ESPALDA DE ALGÚN FAMILIAR QUE TERÁ QUE ADIVIÑAR DE QUE LETRA OU DEBUXO  SE TRATA. DESPOIS CAMBIADE DE MANEIRA QUE ALGUÉN ESCRIBA OU DEBUXE SOBRE A TUA ESPALDA .


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Felices vacacións!

Bo día!! Hoxé vémonos! Ás 10:00 á aula de 1º A. Ás 12:00 á aula de 1ºB. Isto chega ao seu fin, deixámosvos os últimos recurs...