miércoles, 25 de marzo de 2020

25-03-2020

Bo día,

Comezamos  con lectura silenciosa, hoxe ímola facer no seguinte enlace:

LECTURAS  Pulsa o botón amarelo, Contestar a preguntas de una lectura, na seguinte pantalla elixe o nivel básico, preguntarache a partir de que lectura queres empezar, comenza na lectura na que remataches o luns. 

A quen non lle funcione o enlace pode facer lectura normal do libro que estea a ler. 


Matemáticas:

Imprime ou fai nun folio as fichas para seguir practicando a suma e descomposición de números.

Unha vez feitas podes comprobar o ben que as fixeches usando o corrector.


Para aprender xogando

-Actividade 1 PROBLEMAS
-Actividade 2 SIMETRÍAS

Lengua Castellana  

Imos facer as páxina 150-151 do libro.

O dictado da páxina 151 será:  A Azucena le gusta el zumo de cerezas y ciruelas con azúcar.


Para aprender xogando

-Actividade 1 CREA TU PROPIA HISTORIA
-Actividade 2 SÍLABAS

Lingua Galega

Imos facer ás páx. 80-81 do libro.

Para aprender xogando
-Actividade 1 VOCABULARIO (Ollo: as páxinas 17 e 18 non funcionan correctamente, aínda que escribades a resposta correcta vaivos poñer que é incorrecta. Non fai falta que fagades todas as páxinas se vos leva moito tempo.)

Naturais

Hoxe imos ver un vídeo sobre os PEIXES

Relaciona e copia nun folio as frases correctas.



Para aprender xogando
-Actividade 1 (Recorda que tes que esperar un pouco, ou clicar en SKIP AD)

Cando rematedes, lembrade deixar un OK nos comentarios da  foto de hoxe na historia  de clase de class dojo. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Felices vacacións!

Bo día!! Hoxé vémonos! Ás 10:00 á aula de 1º A. Ás 12:00 á aula de 1ºB. Isto chega ao seu fin, deixámosvos os últimos recurs...