Bo día!
Hoxe a lectura silenciosa farémola en Lingua Galega, lendo un fragmento da obra As pitas baixo a choiva de Carvalho Calero.
Matemáticas:
Acabamos o Tema 11, facendo a páxina de repaso 179.
Tedes no Classroom unha tarefa chamada TEMA 11 LENGUA, para que subades cando poidades as fotos do tema. Non temos ningunha presa, así que subídeas cando vos veña ben para poder ir tendo un rexistro do traballo. Coma sempre, fotos individuais e en vertical, gracias.
Para aprender xogando
Lingua Galega:
Hoxe rematamos o tema 8 de lingua galega, páxinas 122 e 123. Con isto rematamos o libro do segundo trimestre, as páxinas do final volas deixamos para que as fagades en ratiños libres. Cando acabedes tamén nolas podedes subir ao Classroom na entrada de dúbidas.
Tamén queremos que nos enviedes as fotos do temas 8 de lingua para poder ver que ben estades a traballar. Páx: 114-115-116-117-118-120-122-123.
Enviádelas por CLASSROOM na tarefa TEMA 8 LINGUA. Igual que en lengua, sen ningunha présa.
Para aprender xogando
Hoxe imos a seguir aprendendo sobre Ricardo Carvallo Calero, imos a aprender un pouco sobre a súa obra "As pitas baixo a choiva". Facemos só ata a páxina 13.
Por se alguén non pode abrir a actividade interactiva deixámoslle o pdf con actividades moi similares.
Se queredes saber algo máis de Ricardo Carvalho Calero podedes visitar a Biblio e ver o Glogster con varios vídeos informativos e retos para aprender xogando.
Ok, Ian Dijkstra.
ResponderEliminar