lunes, 18 de mayo de 2020

18-05-2020

Bo día!

A lectura silenciosa de hoxe farémola libre, xa sabedes que tedes que ler un ratiño. Ao estar na casa podedes practicar a ler un pouco en voz baixa e outro pouco en voz alta. 


Matemáticas: 

Facemos a páxina 138, lemos ben os datos da tabla de prezos para poder resolver os problemas despois. Recordade que na solución temos que poñer de qué estamos a falar, neste casos € (euros).

Para aprender xogando

Lingua Galega:

Imos a iniciar o Tema 9 do terceiro trimestre. Na páxina 132, temos adiviñas de animais. Lémolas con calma e podemos escoitalas se abrimos o libro dixital e clicamos no altofalante. 

Da páxina 133, podemos contestar no libro os exercicios 1 e 3, e fixarnos nos datos e preguntas que nos fan no exercicio 2. 

Para aprender xogando

Seguimos a traballar outro pouco coa obra de Ricardo Carvalho Calero, esta vez facémolo a través da Páxina da Primavera das Letras onde temos moitísima información e actividades sobre o homenaxeado. 

Imos facer estes exercicios interactivos sobre As pitas baixo a chuvia. 


Sociais

Hoxe empezamos escoitando unha canción sobre o día e a noite.

Agora te vas a pensar como responderías a esta pregunta: Onde vai o Sol pola noite?

Mira o vídeo e comproba se sabías a resposta. Podes facer o experimento que che propoñen, sorprenderache.



Páx 86 do libro "O día e a noite"


Música

Como ben sabedes, o pasado 17 de maio festexamos o día das Letras Galegas. Aínda que pola situación actual, os actos oficiais se pospuxeron, dende a nosa páxina vouvos compartir un recurso creado polo CEIP Anxo da Garda (A Coruña) para seguir coa celebración.

Trátase dunha FEIRA VIRTUAL onde podedes visitar distintos postos ou obradoiros relacionados con Música, Plástica, Educación Física ou biblioteca.

En primeiro lugar, recoméndovos que fagades unha visita a todos os postos. En cada un estarán as instrucións de cada tarefa. Deberedes escoller, polo menos, unha tarefa de música (se queredes podedes facer máis). Os nenos de 1º que xa construiron o instrumento musical, convídovos a realizar a tarefa da muiñeira.

Cando rematedes a actividade podedes envialas a miña dirección de correo: laraval@ceipidp.net



Inglés

Monday 18th May
Hi kids!!

Digital Book and Class book.

Pag 50

2.- watch the video ¨I´VE GOT TWO ARMS¨

Pag 53

GO FIND OUT( Descubre)

1.-Read, look and count( Lee, mira y cuenta)
Véis 3 pies y tenéis que contar ,en inglés.
-How many sharpeners,rubbers and buttons are there? ( ¿Cúantos afilalápices,gomas y botones hay?

2.- Draw and cut out your foot ( Dibuja y recorta tu pie). Then measure( mide)

Medís con un afila, una goma y una cera, y escribes el número de estos objetos que caben en tu planta del pie.
Be careful with scissors ( Cuidado con las tijeras).
Ésta actividad 2, es VOLUNTARIA, ya que debe hacerse con la ayuda de un mayor, y puede que no tengáis el tiempo que requiere en ese momento,pudiendo realizarla en cualquier otro momento.

3.-FICHA INTERACTIVA.: Repaso números. (En el Classroom)

Have a nice day!!

Esperamos o teu OK


1 comentario:

Felices vacacións!

Bo día!! Hoxé vémonos! Ás 10:00 á aula de 1º A. Ás 12:00 á aula de 1ºB. Isto chega ao seu fin, deixámosvos os últimos recurs...