martes, 31 de marzo de 2020

Recursos Inglés



COMO ACCEDER AO LIBRO DIXITAL




ACTIVIDADES INTERACTIVAS NO LIBRO DIXITAL


31-03-20

Bo día:


Hoxe en lectura imos propoñer ler   LEOTOLDA. Iremos marcando as páxinas que queremos que leades cada día. Todxs estaremos a buscar a  Leotolda a o mesmo tempo, Que gocedes moito do conto!!!
Hoxe paramos nesta  pagina.

 Que ninguén continúe coa historia. Atoparemos a Leotolda todxs xuntxs!!!!!

Matemáticas:

Imos repasar a descomposición e nome dos números con esta ficha
Podes comprobar como o fixeches mirando as solucións,

Para aprender xogando 

-Actividades 1 PROBLEMAZOS Fíxate ben no que che preguntan !!!!


Lengua Castellana


 Páx 154 Actividades de Repaso.

Para aprender xogando
-Actividade 1: MASCULINO E FEMiNINO


Lingua Galega:

Páx 87 Vocabulario. Si tedes o libro dixital activo podedes facer o exercicio primeiro en dixital.
Preme no botón verde.


Naturais 

Serás capaz de atopar aos animais seguindo as pistas. Proba nesta ficha

Para aprender xogando:
-Actividade 1 

Cando rematedes, lembrade deixar un OK nos comentarios da  foto de hoxe na historia  de clase de class dojo. 





MÓVETEEEEEEEEEEE !!
PON ROUPA CÓMODA E FLEXIBLE PARA FACER UN POUCO DE EXERCICIO.

1._QUECEMENTO CON JUNIOR MÁXIMUS.




2._AGORA BAILAMOS UN VALS. PODES FACELO TI SÓ OU CUNHA PARELLA. TEN PACIENCIA.


LEMBRA BEBER UN POUCO DE AUGA.



3._SUPERCONCENTRACIÓN!! PREPÁRATE PARA PRACTICAR ESTE RETO.


4._REMATAMOS A SESIÓN CON ESTIRAMENTOS.




lunes, 30 de marzo de 2020

30-03-20


Bo día,

A lectura de hoxe farémola na hora de Lingua Galega. "Cando volveu a primavera"

Matemáticas: 

Páx 114-115 ACTIVIDADES REPASO

Para aprender xogando

-Actividade 1 Sumar dobles
-Actividad 2 Unidades y Decenas

Lengua Castellana: 

Páx 153  Ler con eles o cadro de introducción de singular e plural.

Para aprender xogando

-Actividade 1

Lingua Galega: 

Páxs 84-85 Lectura "Cando volveu a primavera" .Páx 86 Comprensión.

Recordade que tedes os códigos para activar o libro dixital na contraportada do libro, como xa falamos na reunión grupal de comezos de curso. Se tes o libro dixital descargado podedes escoitar a lectura dándolle ao símbolo de altavoz que hai na páxina.

Naturais


Imos facer a ficha dun mamífero. Podes elexir o mamífero que máis che guste. Se non tes impresora para imprimir o modelo, copia a táboa nun folio.

ADIANTE, COMO SI FÓSEDES BIÓLOGOS!!!!
Garda a túa ficha do mamífero para levala á aula, expoñela e facer un libro con todas. O NOSO LIBRO DE MAMÍFEROS!!!
Recordade que hoxe tocaríanos ter clase coa profe Lara, así que non deixedes de visitar o seu blog para ver que actividades vos propón.

Cando rematedes, lembrade deixar un OK nos comentarios da  foto de hoxe na historia  de clase de class dojo. 







viernes, 27 de marzo de 2020

27-30-20

Bo día,

A lectura do día de hoxe farase co texto de Disparates de Lengua Castellana. Ademais, podedes aproveitar que hoxe é o Día do teatro e dramatizar con eles o texto teatral da páxina 149 tamén de Lengua Castellana.

Matemáticas:
Imos a facer a seguinte ficha de repaso do Tema 9.  Como sempre, se non a podedes imprimir intentades facela nun folio.

-Actividad 1 SUMAS
-Actividad 2 CONTAR DE 5 en 5

Lengua Castellana:

Faremos a lectura e comprensión dos poemas da páxina 152.

Para aprender jugando:


Lingua Galega:   Animádevos a recitar poesía!!

Queremos propoñervos unha actividade diferente para hoxe e para o fin de semana. O 21 de marzo celebrouse o Día da Poesía e como non estamos no cole para celebralo gustaríanos celebralo con vós a través da rede.

A proposta dende a biblio é "Un poema na túa voz", queremos encher a rede de audios de poemas recitados. Para iso cada neno ten que escoller un poema escrito en galego e gravar un audio mentras o recita.

É unha tarefa voluntaria pero pode ter un resultado moi chulo e poderíamos volver a escoitarnos, aínda que sexa a través da rede.

Os audios querémolos colgar nesta web. Si a visitades veredes que xa hai varios poemas colgados, de mestres e alumnos. Para iso necesitamos o audio, o título e texto do poema e un debuxo ou imaxe que o represente. Todo iso o mandades por mail a bulebule@ceipidp.net indicando quen é a persoa que o recita e a que curso pertence.

Tamén hai a posibilidade de participar con estos audios no Concurso  da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX). Aquí tedes toda a información. Para participar no concurso é necesario que a maiores nos mandedes firmada a autorización que está aí colgada.

Para axudarvos un pouco na busca de poemas deixámosvos algunhas páxinas de recursos. Tentade ser orixinais!

- Páx. 1
- Páx. 2
- Páx. 3

Naturais

 Imos ver un vídeo dos mamíferos Estade moi atentos porque despois de ver o vídeo imos facer unha pregunta.?
Aí vai:
Cal é o único mamífero que voa?
Se non sabes a resposta búscaa no vídeo.



Copiádelas nun folio

Para aprender xogando
-Actividade 1
-Actividade 2 


Cando rematedes, lembrade deixar un OK nos comentarios da  foto de hoxe na historia  de clase de class dojo. 







jueves, 26 de marzo de 2020

26-03-20


Bo día,

Comezamos  con lectura silenciosa. 

Ímola facer no enlace de LECTURAS. (Continuade na vosa última lectura).

Para os que non consigades entrar nesta páxina podes probar a facer esta lectura e as preguntas de comprensión que están debaixo do anuncio, clicando na seguinte imaxe. Recorda esperar ou darlle a SKIP AD.


Matemáticas:

Resuelvo problemas  Páx 112-113. Algúns dos nenos necesitarán axuda para ler os enunciados, na aula sempre os lemos entre todos e logo cada un fai as operacións de maneira individual.

 Para aprender xogando

-Actividade 1  SUMAS

-Actividade 2 AYUDEMOS AL OGRO.

Lengua Castellana: 

Abride esta ficha para facer o ditado.  Cando a teñades lista mandádenos unha foto por unha mensaxe de class dojo. Gústanos ver o voso traballo.


Tedes dúas opcións para facer o ditado:
1. Imprimir a páxina, coloreala, recortar os debuxos e logo pegalos noutro folio ou libreta escribindo debaixo o nome do debuxo. (Así é como o facemos na clase).
2. Para os que non teñen impresora, escribide o número co nome do debuxo correspondente. Se vos animades podedes facer vós mesmos algún dos debuxos.

Esta é a idea do resultado:


Por se hai dúbidas nos debuxos aquí quedan as solucións:
  • Las palabras son:
- Ducha, mayonesa, chupete, yogur.
- Chocolate, payaso, hucha, rayo.
- Joyas, mochila, yoyó, chaqueta.

  • Las frases son:
- Me gusta beber leche en el desayuno.
- Salchicha, yema, champú, yoga.
- Me pusieron una escayola el viernes por la noche.

Lingua Galega: 

Páx 82 Le os refráns e pensa no que queren dicir.

Investiga: Busca na internet un refrán sobre o tempo. Cópiao nun folio e fai un debuxo para ilustralo.
Estas páxinas pódente axudar páx 1 páx 2 páx 3

Se non podes buscar na internet copia nun folio e ilustra o seguinte refrán:
-En xaneiro,frío no corpo enteiro.

 Para aprender xogando

-Actividade 1 VOCABULARIO AULA (Lembrade que podedes pasar  páxinas e non facelo todo, a páxina 18 é un pouco liosa pero con paciencia faise)


Naturais 


Hoxe ímos aprender cousas das aves. Vemos o  vídeo
Imprime a ficha . Se non tes impresora faina nun folio, caderno...

Para aprender xogando
-Actividade 1 Corpo das aves (Tes que esperar 5 seg. e despois clicar en ir al juego).
-Actividade 2 As aves

Cando rematedes, lembrade deixar un OK nos comentarios da  foto de hoxe na historia  de clase de class dojo. 



MÓVETEEEEEEEEEEE !!

OLA NENOS E NENAS!
ANIMÁDEVOS A FACER OUTRA SESIÓN DE MÓVETEEEEEEEEE.



1._REPETIMOS O QUECEMENTO DO MARTES. (CLICAR NA IMAXE).


2._CARREIRAS DE CHAPAS.
NECESITARÁS UNHA CHAPA DE BOTELLA OU UN TAPÓN DE PLÁSTICO.

DIRIXE A CHAPA OU O TAPÓN POLO CHAN.
TES QUE SEGUIR POLA ORDE QUE TE INDICO:

AGORA PON A PROBA A PUNTERÍA.


COLOCA NO CHAN DOUS OBXECTOS PEQUENOS PARA FACER DE PORTERÍA E LANZA A CHAPA OU O TAPÓN. A VER CANTOS GOLES CONSIGUES.
3._SENTIDO DO TACTO. FINALMENTE PREPARA A ESPALDA E UN DEDO. TES QUE ESCRIBIR LETRAS OU DEBUXOS FÁCILES NA ESPALDA DE ALGÚN FAMILIAR QUE TERÁ QUE ADIVIÑAR DE QUE LETRA OU DEBUXO  SE TRATA. DESPOIS CAMBIADE DE MANEIRA QUE ALGUÉN ESCRIBA OU DEBUXE SOBRE A TUA ESPALDA .


miércoles, 25 de marzo de 2020

25-03-2020

Bo día,

Comezamos  con lectura silenciosa, hoxe ímola facer no seguinte enlace:

LECTURAS  Pulsa o botón amarelo, Contestar a preguntas de una lectura, na seguinte pantalla elixe o nivel básico, preguntarache a partir de que lectura queres empezar, comenza na lectura na que remataches o luns. 

A quen non lle funcione o enlace pode facer lectura normal do libro que estea a ler. 


Matemáticas:

Imprime ou fai nun folio as fichas para seguir practicando a suma e descomposición de números.

Unha vez feitas podes comprobar o ben que as fixeches usando o corrector.


Para aprender xogando

-Actividade 1 PROBLEMAS
-Actividade 2 SIMETRÍAS

Lengua Castellana  

Imos facer as páxina 150-151 do libro.

O dictado da páxina 151 será:  A Azucena le gusta el zumo de cerezas y ciruelas con azúcar.


Para aprender xogando

-Actividade 1 CREA TU PROPIA HISTORIA
-Actividade 2 SÍLABAS

Lingua Galega

Imos facer ás páx. 80-81 do libro.

Para aprender xogando
-Actividade 1 VOCABULARIO (Ollo: as páxinas 17 e 18 non funcionan correctamente, aínda que escribades a resposta correcta vaivos poñer que é incorrecta. Non fai falta que fagades todas as páxinas se vos leva moito tempo.)

Naturais

Hoxe imos ver un vídeo sobre os PEIXES

Relaciona e copia nun folio as frases correctas.



Para aprender xogando
-Actividade 1 (Recorda que tes que esperar un pouco, ou clicar en SKIP AD)

Cando rematedes, lembrade deixar un OK nos comentarios da  foto de hoxe na historia  de clase de class dojo. 


martes, 24 de marzo de 2020

24-03-2020

Bo día,

Hoxe a lectura farémola en Lengua Castellana.

Matemáticas:
Imprime as sumas e resolve .

Facede esta ficha sos e cando a teñades lista mándadenos unha foto por unha mensaxe de class dojo e así vemos como vos vai coas sumas.

Para aprender xogando
-Actividade 1:  MEDIR CON REGLA
-Actividade 2: SERIES (Utilizade  a táboa do 100  como axuda, podédela imprimir para que sexa máis fácil de manexar)

Lengua Castellana Comezamos Tema 9. Lectura: El erizo y el conejo páx. 146-147.
 Sería convinte ler con eles o conto e na Páx. 148 faremos as actividades de comprensión e o exercicio número 5 de vocabulario da páx. 149.

Para aprender xogando
- Actividade 1 CL CR
- Actividade 2  Palabras con G J (Recordade que tedes esperar uns segundos e  premer en SKIP AD)

Lingua Galega, páx. 78.

Naturais: Os animais aliméntanse.
 Vemos o  vídeo

Agora vas ver outro vídeo.No vídeo  hai un erro. Un animal está confundido de grupo. Serás un bo detective ? Estate  moi atent@ para poder descubrir ao intruso!!!
Despois tes que escribir nun folio 5 animais dos que saen no vídeo que sexan carnívoros, 5 que sexan herbívoros e 5 omnívoros. Recorda escribir os nomes en galego.
Solución

Para aprender xogando
-Actividade 1
-Actividade 2

Cando rematedes, lembrade deixar un OK nos comentarios da  foto de hoxe na historia  de clase de class dojo. 



MÓVETEEEEEEEEEEE
Ola a todos e todas, espero que vos atopedes ben e con ánimo. Son a profesora Nati e hoxe toca mover o esqueleto.

VEÑA EMPEZAAAAAAAAAAAAAAAMOS!


1._QUENTAMOS UN POUCO.


2._AGORA XA ESTÁS PREPARADO PARA O BAILE DO SAPITOOOOOOOOOOOO. PODER REPETILO VARIAS VECES ATA APRENDELO.

3._FINALMENTE INTENTA FACER OS MOVEMENTOS  QUE SAEN NO SEGUINTE CONTO E RESPIRA. 

MOI BEN!
ATA O PRÓXIMO DÍA!


lunes, 23 de marzo de 2020

23-03-2020

Bo día:

Comezamos  con lectura silenciosa, hoxe ímola facer no seguinte enlace:

LECTURAS  Pulsa o botón amarelo, Contestar a preguntas de una lectura, na seguinte pantalla elixe o nivel básico, preguntarache a partir de que lectura queres empezar, comenza na 1 e vas comprobando o nivel no  que queres traballar. Sería conveniente que rexistrasedes o  último número realizado xa que esta actividade utilizarémola con frecuencia)

Matemáticas: Páx. 110-111
Antes de sumar, lede con eles o cuadro explicativo e seguide estas instruccións:

1º Colorear de azul as cifras das unidades e de vermello as cifras das decenas,
2º SUMAR SEMPRE UNIDADES CON UNIDADES, DECENAS CON DECENAS.
O cálculo mental realizaráse no libro tal e como o facemos na aula.

Para aprender xogando
-Actividade 1 SUMAS
-Actividade 2 SERIES
-Actividade 3 PENTOMINÓS (Proba as dúas opcións: libre e puzzle)

Lengua Castellana páx. 142-143.

Para aprender xogando
-Actividade 1 LECTURAS  Pulsa no  botón verde Ordenar las palabras de una frase, (Sería conveniente que rexistrasedes o  último número realizado xa que esta actividade utilizarémola con frecuencia)


-Actividade 2 (OLLO, o primeiro  que aparece na páxina é un anuncio, esperar a que remate  o pulsar en Skip. O  xogo do abecedario vese así:)

Lingua Galega, páx. 77. No exercicio 17 teñen que escribir palabras que empecen ou conteñas esas letras (non teñen porque comezar polas letras trabadas).

Para aprender xogando
-Actividade 1 AFORCADO. Pista: probade a empezar a xogar escollendo as vogais, e se vos aparece algunha palabra que non coñezades podédela consultar no dicionario de galego.

Naturais: Escoitade  moi atentos este conto e tentade acordarvos de todos os animais que saen nel.
Nun folio, clasifica os animais do conto en domésticos e salvaxes.

Podedes imprimir ou colorear online a imaxe da sabana.

Os animais refúxianse. Teñen as súas casas coma nós.
Pensade que letras faltan e descubride onde dormen estes animais

Escribide nun folio cada animal co lugar onde viven.
Exemplo: Paxaro: niño

Para aprender xogando
-Actividade 1 LOS ANIMALES (O xogo está en castelán,  podedes pensar o nome destes animais en galego)

 Cando rematedes, lembrade deixar un OK nos comentarios da  foto de hoxe na historia  de clase de class dojo. 


viernes, 20 de marzo de 2020

Ideas para a fin de semana

Xa que este fin de semana é moi longo, imosvos achegar algunha idea de actividade para poder facer e que se nos pase mellor o tempo. Non o tomedes como tarefas, senon como posibles recursos para ese ratos de aburrimento.

- Neste enlace podedes ver o conto, que moitos coñecedes, da Oruga Glotona, moi ben contado en inglés. Xa veredes que ben se entende.

- Podemos traballar as  nosas emocións, a través deste diario das emocións, que fixo a mestra Fátima Rúa para a páxina de aulas galegas.

- Se queredes seguir a traballar coas emociós, podedes ver o conto do monstruo de cores ou escoitar esta canción.

- Vos propoñemos tamén que fagades o seguinte experimento. (Seguro que moitos xa o vístedes pola rede). Explica moi ben e con materiais que todos temos (un plato, auga, pementa ou orégano e xabón) a importancia do lavado de mans.


Neste enlace tedes a explicación de como facelo, tamén da man de aulas galegas (un gran recurso).


 - Para os que queira ver algo diferente, deixovos o enlace a obra de teatro A nena e o grilo nun barquiño.  Está colgada completa en Youtube, e si queredes máis recursos deste estilo nesta conta de Facebook van colgando todos os días algo diferente.

- Tamén sería bo dedicarlle un anaquiño as manualidades, aquí tedes varias opcións para facer marionetas para os dedos.

- Seguindo coa idea de recortar, aquí vos deixamos dúas opcións de colorear, recortar e montar o puzzle. As actividades de recortado lles veñen moi ben, xa que é algo que non practicamos moi a miudo e poden mellorar.




Nesta páxina hai unha gran coleccion de puzzles, tanto para facer online como para imprimir. E os imprimibles podense modificar e escoller o tipo de línea. Animádevos e escollede o puzzle que máis vos guste. 

Esperamos que as propostas vos axuden, e se queredes algunha cousiña máis pedídenolo e intentemos conseguilo. Ánimo, xa queda menos, 

- E para os que queiran un pouco de maxia, hoxe pola tarde nas distintas contas de instagram deste magos teredes funcións en directo. 




miércoles, 18 de marzo de 2020

18-03-2020

Bo día

A tarefa de hoxe é a seguinte.

A lectura de hoxe farase coas actividades de Lengua Castellana.

Matemáticas: Pág. 108-109. Suma y resta de decenas. Traballar sempre coa consigna que se sumen unidades con unidades e decenas con decenas. Recordándolles que unha decena son 10 unidades. Se teñen dificultades podedes recurrir á páx. 72.

O dictado de número é o seguinte:  15-23-39-12-27-14-33-11-25

Podes aprender xogando

-Actividade 1 La decena

- Actividade 2 

- Actividade3


(Tedes que usar Internet Explorer  para poder acceder á páxina)



Lengua Castellana 
. Páx-140 De Colores.  Trátase dunha lectura comprensiva, vai ser precisa a vosa axuda. Ler con eles o texto.
Páx.141 Ler con eles o cadro introductorio das actividades.

Lingua Galega, páx. 76 (Libro do segundo trimestre ). Fíxate que hai tres palabras intrusas que non tes que escribir porque non son nomes ( camiña, cariñosa e chove).

Aprende xogando

-Actividade 1

-Actividade 2 

-Actividades 3


Naturais: Traballamos como se desprazan  e o medio onde viven os animais.

Comezamos cun  vídeo

Como se desprazan os animais? Clasifica os seguintes animais no lugar que lles correponda:

CARACOL, AGUIA, BALEA, ARAÑA, ,SERPE, LAGARTO, LEÓN, PARRULO, BURRO, QUENLLA, GOLFÑO, XÍLGARO.

1. ANDAN:
2. ARRÁSTRANSE:
3. VOAN:
4. NADAN:

Engade un animal máis en cada apartado.

Aprende xogando

Actividade 1 

Actividade 2

Actividade 3

 Cando rematedes, lembrade deixar un OK nos comentarios da  foto de hoxe na historia  de clase de class dojo. 


Recordámosvos que mañán é festivo, porque é o día Do Pai, e pasado é día non lectivo asique non vos colgaremos traballo. Se vos apetece podedes ir aos recursos e seguro que atopades actividades interesantes para facer.  


Animámovos a que fagades o voso propio regalo para este Día do Pai tan especial!

Deixámosvos algunha idea en Recursos!!


martes, 17 de marzo de 2020

17-03-2020

Bo día

A tarefa de hoxe é a seguinte.

Como todos os días na aula, imos empezar con lectura silenciosa. Asique escollede o libro que máis vos guste e a ler, un ratiño en voz alta e outro para vós. Recordade que na clase adicamos sobre 20 minutos á lectura.

Matemáticas: páx.106-107. Los números del 40 al 59. Contiuamos traballando a decena, o que máis difícil lles pode resultar as series numéricas da páxina 107.  Para iso podedes utilzar como apoio o seguinte recurso:

Tabla del 100

Podes aprender xogando:

-Actividade 1 Ordenar decenas

-Actividade 2 Series

Lengua Castellana: Páx. 138-139.
O Dictado é o seguinte:  Al mago Gago le gusta cantar con una guitarra y una gaita especial.

Lingua Galega: Páx. 56 (libro primeiro trimestre. Recorda que flocos de millo son palomitas de maíz). e páx. 74 (libro segundo trimestre. Hai  nenos que  teñen esta páxina rematada)

Podes aprender xogando:
-Actividade 1 Construir oraciones
-Actividade 2 

Naturais: Facer unha lista de 5 animais que viven coas persoas e 5 animais que viven na natureza. E debuxar o animal que máis lles guste da lista.

Podes aprender xogando:
- Actividade: Seres vivos
-Actuvidade: Animales domésticos e salvaxes

lunes, 16 de marzo de 2020

16-03-2020

Bo día

A tarefa de hoxe é a seguinte:

Como todos os días na aula, imos empezar con lectura silenciosa. Asique escollede o libro que máis vos guste e a ler, un ratiño en voz alta e outro para vós. Recordade que na clase adicamos sobre 20 minutos á lectura.

Matemáticas: comezamos o tema 9, (páx.104-105) O calendario forma parte da nosa rutina diaria, polo que é un contido traballado.

Podes aprender xogando:

-Actividade 1 Contar

-Actividade  2 Suma

-Actividade 3: Suma


Hoxe hai tarefas diferentes nas linguas, a partir de hoxe a tarefa será a mesma para as dúas aulas.

1ºA  Lengua Castellana páx. 136-137.

1ºB Lingua Galega, páxs. 52-60 (Libro do primeiro trimestre).
* Na páxina 52, exercicio 4 avisovos que en galego dise troita e poldro.

Podes aprender xogando:

-Actividade 1 Sombras de animales

-Actividade 2 Singular e Plural

Naturais: Imos empezar o tema dos animais. Podedes  ver este video.


viernes, 13 de marzo de 2020

Introducción

Bo día,

Este blog está creado para poder colgar aquí as tarefas que poden facer nestes días os nen@s.

Cada día, sobre as 9:00 da mañá, colgaremos por este blog as tarefas a realizar neste día. O traballo será dos libros de matemáticas, lengua castellana e lingua galega, xa que son as materias instrumentrais e máis necesarias para non perder o ritmo de traballo.

A idea é que cada neno traballe nestas tres materias diariamente. O ideal sería que un adulto fixese unha pequena explicación do traballo a facer en cada materia, e logo que intensasen facelo de maneira autonóma, tal e como o facemos na aula.

Á volta, nós retomaremos estos temas e os repasaremos con eles na aula, para asegurarse de que non quede ningún contido sin comprender.

A maiores colgaranse algún enlace de contidos a reforzar ou ampliar das ciencias.

Este sistema de traballo manterase mentres dure esta situación.

Un saúdo

As titoras de Primeiro: Aurora e Patricia


Felices vacacións!

Bo día!! Hoxé vémonos! Ás 10:00 á aula de 1º A. Ás 12:00 á aula de 1ºB. Isto chega ao seu fin, deixámosvos os últimos recurs...